O próximo sábado día 18 de xuño Os Revirados faremos a II Lembranza. Recordamos que a do ano pasado foi en homenaxe a os gaiteiros "Os da Torre de Hercules". Este ano a homenaxe vai dirixida a Juan Brea, gaiteiro e palleteiro da Coruña.
As 11h comezará a homenaxe na Casa do Concello de Oza dos Ríos e a continuación comezará o roteiro polos bares. Tras o xantar continuaremos de foliada por Oza endiante. Ven e acompáñanos!!
Que tratamos na nosa web?
Aquí poderás ver todos os compoñentes dos Revirados, ver actuacións nas que nos estivemos, ver o programa de proximas actuacións, etc.
NO FONDO DA PÁXINA XA PODES DESCARGAR TODO O NOSO REPERTORIO EN PDF.
E...POR CERTO, NON NOS IMPORTA QUE DEIXES COMENTARIOS!
Agora tamén no Facebook
viernes 10 de junio de 2011
domingo 1 de mayo de 2011
Foliada!
O sábado 28 de maio Os Revirados aproveitamos para organizar unha foliada no Local Social da S.C.R.D de San Martín de Bandoxa como o ano pasado, xa que este día organizan a clausura dos cursos impartidos no local e a comisión de festas de Bandoxa organiza unha churrascada:
FIN DE CURSO DE PINTURA, CESTERÍA E BAILE
CHURRASCADA E FOLIADA (SÁBADO 28 DE MAIO)
- Con motivo da finalización dos cursos 2010-2011 impartidos no local social realizarase a exposición de cestería e pintura durante a tarde a partir das 15h30.
- Ás 20h realizarase, ademais, unha pequena exhibición do aprendido nas clases de baile.
- A partir das 21h30 comezará a churrascada que organiza a Comisión de Festas de Bandoxa 2011:
· Churrasco, pan, viño, chourizos, postre, café e chupito.
· Prezo 15€ (a pagar ao apuntarse).
· Apuntarse no local social ata o domingo día 22 de maio.
- Despois da churrascada o grupo de gaitas Os Revirados de Oza dos Ríos organiza unha foliada para todos.
Para apuntarse á churrascada tamén podedes falar con nos.
Como chegar?
Ver mapa más grande
Dende Oza, síguese a AC-840 ata Burricios, en Burricios cóllese cara a esquerda pola AC-3203 ata chegar á curva de 180º que se ve, nesa curva está o desvío para a esquerda que vai ata o local social.
Para apuntarse á churrascada tamén podedes falar con nos.
Como chegar?
Ver mapa más grande
Dende Oza, síguese a AC-840 ata Burricios, en Burricios cóllese cara a esquerda pola AC-3203 ata chegar á curva de 180º que se ve, nesa curva está o desvío para a esquerda que vai ata o local social.
sábado 29 de enero de 2011
Os Revirados na Solaina
Este martes día 1 de febreiro, ente as 5 e as 7 da tarde, o programa a Solaina da Galega visitará Oza dos Ríos e farán alguna conexión en directo para mostrar as actividades, entre outras cousas, que se fan no Concello.Estarán os alumnos e alumnas dos cursos de cestería e pintura da Asociación de Veciños de Bandoxa e, entre outros, tamén estaremos nós.
Queremos público! Estades convidados tanto a vir a animarnos a Oza como a vernos na televisión!
domingo 2 de enero de 2011
Cabalgata de Reis
O vindeiro xoves 5 de xaneiro Os Revirados poñeremos ritmo á cabalgata das SSMM os Reis Magos de Oriente que organiza o Concello de Oza dos Ríos e que percorrerá as rúas dende o a casa do concello ata o polodeportivo.
No polideportivo haberá festa e agasallos para os máis pequenos e merenda para todos. Estades convidados!
No polideportivo haberá festa e agasallos para os máis pequenos e merenda para todos. Estades convidados!
viernes 3 de septiembre de 2010
Problemas co apartado "Novas"
Desde fai cerca de un mes temos problemas co sistema de publicación do apartado "Novas". Desde Blogger non nos dan solución e creamos de novo o apartado.
A partir de agora utlizaremos o sistema de publicación por entradas.
Desculpen as molestias.
A partir de agora utlizaremos o sistema de publicación por entradas.
Desculpen as molestias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

