-Camistas do grupo Os Revirados xa á venda. Amarelo, vermello e branco. XXL, XL, L, M e S.10€.-

Que tratamos na nosa web?

Aquí poderás ver todos os compoñentes dos Revirados, ver actuacións nas que nos estivemos, ver o programa de proximas actuacións, etc.
NO FONDO DA PÁXINA XA PODES DESCARGAR TODO O NOSO REPERTORIO EN PDF.
E...POR CERTO, NON NOS IMPORTA QUE DEIXES COMENTARIOS!
Agora tamén no Facebook

Nota: No apartado "Álbum" xa tes as fotos das últimas actuacións!

sábado 27 de marzo de 2010

Foliada-Churrascada en Bandoxa

Como xa anunciamos con anterioridade o día 10 de abril haberá unha foliada no concello de Oza dos Ríos. Esta foliada organizámola o grupo de gaitas "Os Revirados" e será no local que nos presta a Asociación de Veciños de Bandoxa, nunha parroquia a uns 6 Km do centro do pobo. Señalizaremos a folida con carteis na estrada para que poidades chegar facilmente.
Ademáis, antes da foliada, para os que queirades haberá unha cea (Churrasco, chourizos, viño e outras bebidas, postre, café,...). Os que queirades cear teredes que apuntarvos no Local Social ou chamando ao teléfono 981792035 de luns a venres en horario de 15:00 a 18:00 ou a fin de semana en horario de 15:30 a 20:00 antes do día 5 de abril. A cea pagarase a escote e comezará a partir das 21 h.
A foliada será a continuación da cea e estades todos invitados a vir a pasalo ben.
Traede os vosos instrumentos, as vosas voces, ganas de festa e ganas de bailar.
Esperámosvos!



Ver o mapa máis grande

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Grazas por dar a tua opinión.

REPERTORIO

Fai click na canción que queiras descargar.

PATROCINADORES

PATROCINADORES

-CONCELLO DE OZA DOS RÍOS-