
O vindeiro día 12 de xuño, o grupo de gaitas Os Revirados organizamos unha homenaxe aos gaiteiros "Os da Torre de Hercules" algúns dos cales formaban parte dos Matos.
Primeiro, ás 11:30 no salón de plenos do Concello veremos un audiovisual e homenaxearemos a estes grandes gaiteiros.
Sobre as 12:30 comezaremos o roteiro polo Bar A Farmacia, continuaremos polo Lito, máis tarde iremos pola Pacheca e xa para rematar, sobre as 14:30 iremos ao Moderno.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada
Grazas por dar a tua opinión.